O xuíz do xulgado 3 de Vigo acordou esta semana abrir xuízo polos delitos de homicidio imprudente e lesións por imprudencia grave contra a concelleira de Vigo Patricia Rodríguez e o propietario da atracción feiral o Saltamontes polo accidente mortal ocorrido en agosto de 2024 nas festas de Matamá.
Segundo recolle o auto, un dos brazos hidráulicos da atracción desprendeuse debido a un insuficiente axuste nos parafusos de suxeición, o que provocou a súa rotura por fatiga. Momento no cal o brazo saiu despedido, onde perdeu a vida o o mozo.
O xuíz acordou a continuación do procedemento abreviado contra a concelleira de Seguridade e o dono do Saltamontes e decretou o sobresemento provisional para o resto dos imputados, entre eles, o presidente da comisión de festas e o xefe da Policía Local.
A maiores, unha das acusacións particulares anuncia que recorrerá este auto xudicial do sobresemento da investigación destas dúas persoas.
Por outra banda, por parte dos grupos da oposición (BNG e PP) do Concello de Vigo piden a renuncia como concelleira de Patricia Rodríguez.
.

