Martes, Abril 28, 2026
HomeNewsActualidadeInterveñen en Mos máis de mil perfumes de contrabando procedentes de Marrocos

Interveñen en Mos máis de mil perfumes de contrabando procedentes de Marrocos

A Garda Civil interveu en Mos por, presuntamente, unha infracción de contrabando máis de mil perfumes adquiridos en Madrid, procedentes de Marrocos. Segundo informa o instituto armado nun comunicado, foi o luns da semana pasada cando persoal da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra tivo coñecemento da existencia dun almacén en Mos que se adicaba á distribución e repartición de mercancía adquirida en Madrid.

Os gardas civís personáronse no lugar e inspeccionaron a mercancía existente, en presenza do responsable, un cidadán de orixe chinesa de 51 anos. Alí, detectaron unhas caixas de cartón, sen referencia ao seu contido no exterior, nas que acharon perfumes procedentes de Marrocos.

En total, foron comisadas 22 caixas, cada unha con 48 envases de perfume; un total de 1.056 frascos. A persoa responsable non acreditou ningunha documentación relativa a esas fragrancias, polo que se procedeu ao seu precinto por unha suposta infracción de contrabando.

A Garda Civil estima que o valor destes perfumes podería chegar aos 131.936 euros. 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS