Venres, Abril 24, 2026
HomeNewsActualidadeO Combo Dominicano pechará a programación das Festas do Cristo de Salvaterra

O Combo Dominicano pechará a programación das Festas do Cristo de Salvaterra

Salvaterra de Miño prepárase para acoller as súas tradicionais Festas do Cristo da Victoria, festividade marcada no calendario salvaterrense, e que se celebrarán os días 13, 14 e 15 de xuño.

Así, o Concello de Salvaterra vén de anunciar a axenda pensada para estas datas. A programación dará comezo na noite do sábado 13 de xuño, coa actuación do grupo “La Supersonic” e DJ Luis Lobato, a partir das 22:00 horas.

O día grande das festas celebrarase o domingo. Deste xeito, ás 12:30 horas celebrarase a Misa Solemne e procesión e ao remate o concerto da Banda de Gaitas e do Grupo de Baile Pontenova.

Xa pola noite, a festa comezará coa actuación da Banda de Música de Salvaterra ás 20:30 horas e continuará coa orquesta Kubo.

A programación rematará o luns 15 de xuño, coa última verbena que estará amenizada pola orquesta “El Combo Dominicano”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS