Mércores, Abril 22, 2026
HomeNewsActualidadeTres menores trasladados ao PAC tras unha colisión entre un autobús escolar...

Tres menores trasladados ao PAC tras unha colisión entre un autobús escolar e un turismo en Ponteareas

A primeira hora da mañá deste xoves, produciuse unha colisión entre un autobús escolar e un turismo á altura do IES do Barral, de Ponteareas, ubicado na N-120. Dende o 112 Galicia informan que se tratou dun alcance.

En concreto, o autobús freou para realizar unha manobra de xiro. O turismo, que circulaba tras del, non se percatou e colisionou por detrás. No vehículo particular viaxaban catro ocupantes, sendo tres deles menores de idade, mentres que o autocar estaba ocupado polo conductor e alumnos do IES do Barral que se dirixían á escola.

O accidente saldouse co traslado dos tres menores de idade que viaxaban no turismo ata o centro de saúde da localidade, para unha valoración sanitaria. Tras o chequeo médico, volveron ao instituto sen lesións. En canto aos ocupantes do autobús, todos resultaron ilesos.

Ata o lugar trasladáronse Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ponteareas e Policía Local de Ponteareas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS