Un grupo de alumnos e alumnas do IES Salvaterra de Miño vén de acadar o primeiro posto na III Olimpíada Europea de Galicia, organizada por Equipo Europa. O grupo, segundo indicou o xudaro do concurso, “destacou polo seu compromiso, preparación e capacidade de traballo en equipo”, superando ao resto de participantes no certame.
Tras o logro, o grupo de estudantes viaxarán a Granada para representar a Galicia na final nacional, onde competirán con equipos de todo o Estado.
O recoñecemento supón un importante fito tanto para o propio alumnado como para o conxunto da comunidade educativa do IES Salvaterra de Miño, poñendo en valor o esforzo, a dedicación e o interese polas dinámicas europeas entre as novas xeracións.
Dende o Instituto destacan que “foi unha experiencia increible de aprendizaxe, debate e convivencia con alumnado de toda Galicia, reflexionando sobre o presente e o futuro de Europa”.
Pola súa parte, o Concello de Salvaterra de Miño, vén de felicitar ao equipo gañador, así como ao profesorado e ao centro educativo polo “seu excelente labor” ao tempo que lles desexan “moita sorte na final nacional en Granada”.

