O Concello de Salvaterra de Miño vén de facer pública a primeira confirmación do seu festival O Son da Muralla, que este ano cumple 25 anos. Así, o DJ internacional Sash! actuará no evento, que este ano terá lugar o 1 de agosto.
Tal e como informan dende o Concello, a administración local vén de reunirse coa directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses, co fin de avanzar na organización da que “será unha edición moi especial do festival”.
Con todo, esta é a única confirmación polo de agora e dende o Concello garanten que pronto “haberá máis novidades”.

