O Central das Travesas foi casa desta edición do Campionato Galego de Grupos Show, un dos eventos máis agardados de cada ano dentro da patinaxe artística galega. Nesta cita, Condado e Gondomar realizaron un papel histórico ao coroarse coma campións en catro das cinco modalidades.
Por unha parte, o CPA Gondomar alzouse cos títulos nas categorías de Show Júnior e Cuartetos Júnior, amosando o gran momento competitivo da entidade. Por outra banda, o CPA Condado acadou o ouro en Show Pequeño e Show Grande, demostrando solidez técnica, creatividade coreográfica e unha escenificación de alto nivel. Además, o club de Salvaterra redondeou un excelente campionato co subcampionato galego en Show Júnior, so por detrás do xa mencionado CPA Gondomar. O único vencendor de fóra da bisbarra foi o Alquimia de Carral, na modalidade de Cuartetos Sénior.
Tralos éxitos acadados por ambas agrupacións debe destacarse a labor de David Figueroa e Edu Caride, responsables técnicos de ambos e pezas chave polo seu esforzo, planificación e coordinación cos diferentes grupos participantes. O campionato volveu deixar a certeza do fantástico nivel e da saúde da patinaxe artística galega e do formidable traballo que se vén realizando nos clubes de distintas categorías e localidades. Tras coñecer estes resultados, os equipos pensan agora nos próximos Campionatos de España, nos que representarán ao noso país no panorama nacional.

