Luns, Marzo 2, 2026
HomeNewsActualidadeDous feridos ao chocar frontalmente dous vehículos en Tomiño

Dous feridos ao chocar frontalmente dous vehículos en Tomiño

Dúas persoas quedaron feridas a primeira hora desta mañá nun accidente de tráfico en Tomiño. Dous vehículos chocaron frontalmente, debido a que un deles invadiu o sentido contrario de circulaicón. As causas, aínda se descoñecen.

Segunda informa o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 1 da PO-344. Un particular alertou do sucedo ao Servizo de Emerxencias, explicando que os feridos estaban liberados e accesibles. Ata o lugar, desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia 061, a Garda Civil de Tráfico e os Servizos de Mantemento da vía.

Co impacto do choque, un dos turismos saiu fora da estrada, sinistrando nunha leira. Os dous feridos corresponden aos conductores de ambos vehículos, sendo un veciño de Tomiño e outro de Gondomar. Os dous foron trasladados en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS