A AECT Rio Minho vén de presentar na BTL-Bolsa de Turismo de Lisboa, xunto a Turismo do Porto e Norte de Portugal o proxecto Visit Rio Minho Plus, co fin de reforzar a cooperación institucional entre as dúas entidades na afirmación do río Miño como destino turístico transfronteirizo de referencia.
A sesión desenvolveuse no stand do Turismo do Porto e Norte de Portugal e destacou
o traballo conxunto que se vén desenvolvendo na estruturación de produtos turísticos
integrados entre a rexión do Miño e Galicia, consolidando unha estratexia común de
valorización territorial.
O programa está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Programa Interreg V-A España–Portugal (POCTEP) 2021–2027.
A maiores, a presentación estivo acompañada por un momento de degustación de viños representativos do territorio, poñendo en valor o Albariño como símbolo dunha identidade compartida e dun sector produtivo que gaña dimensión a través da cooperación entre Portugal e España.
O presidente do Turismo do Porto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martins, asegurou que “este é un proxecto moi importante porque forma parte da estratexia para construir un destino conxunto entre dous territorios de países que son, de feito, países irmáns”.
Pola súa banda, o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Rio Minho, José Manuel Vaz Carpinteira, subliñou que “a presentación deste proxecto na BTL representa unha oportunidade para dar visibilidade a este potencial ante o mercado e para afirmar internacionalmente a ambición desta cooperación.”

