A xuíza de Catarroja que investiga a xestión da DINA acordou elevar á Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana unha exposición razoada contra o expresident da Generalitat Carlos Mazón, que é aforado por ser deputado en Les Corts.
Así o vén de infromar o TSJCV na súa conta de X, onde comunica a decisión da maxistrada que instrúe a causa pola xestión das riadas do 29 de outubro de 2024 na provincia de Valencia, que deixaron máis de 230 falecidos.
A competencia para investigar a Mazón corresponde ao TSJCV dado que deixou o cargo de president da Generalitat pero mantén a súa acta de deputado en Les Corts. Na causa figuran como investigados a exconsellera de Xustiza e Interior Salomé Pradas e o seu ex número dous, Emilio Argüeso.

