Martes, Febreiro 17, 2026
HomeNewsActualidadeDetido en Gondomar por dispararlle a unha muller cunha arma de aire...

Detido en Gondomar por dispararlle a unha muller cunha arma de aire comprimido

A Garda Civil detivo a un home de 52 anos, veciño de Gondomar, tras realizar, o varón, varios disparos contra unha muller, tamén de 52 anos e veciña da localidade, empregando unha arma de aire comprimido. Os feitos tiveron lugar no barrio da Gándara, en Gondomar.

A figura do negociador do Instituto Armado foi clave para resolver, sen incidentes, o operativo. Tras o percance, a denunciante informou de que cando accedía a unha vivenda, onde realizaba tarefas de limpeza, un veciño efectuou dous disparos con balotes que pasaron moi preto da súa cara.

Durante a fuxida, a muller sufriu lesións de carácter leve e solicitou posteriormente unha orde de protección. Tras coñecer os feitos, a Garda Civil estableceu un dispositivo de vixianza nas inmediacións do domicilio do sospeitoso. Posteriormente, o xulgado de guarda de Vigo autorizou a entrada e o rexistro da vivenda.

Ante a gravidade dos feitos e a posible presenza de armas no interior do inmoble, desplegouse un operativo reforzado na que a actuación do negociador foi clave. Gracias ás térnicas de comunicación e xestión de crise empregadas, o axente logrou establecer unha canle de diálogo co investigado, rebaixar a tensión existente e garantir unha resolución segura, tras case dúas horas.

Finalmente, o home accedeu a entregarse de forma voluntaria e facilitou a arma presuntamente utilizada, xunto coa munición. Agora, o home será investigado como presunto autor dun delito de lesións con arma de aire comprimido en grao de tentativa.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS