O ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, vén de anunciar que nas vindeiras semanas o Goberno fará pública unha proposta normativa para regular a publicidade de alimentos insáns, aqueles que teñen un efecto nocivo, na saúde dos nenos e adolescentes.
Bustinduy fixo este anuncio na presentación do Barómetro sobre a publicidade de alimentos e bebidas enerxéticas elaborado por AECOC Shopperview para a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan), onde se constata que o 79% da poboación española está de acordo en prohibir este tipo de publicidade.
O Ministerio indicou que a OMS advirte de que a exposición a este tipo de publicidade de alimentos nos nenos incrementa a inxesta calórica, promove o consumo de alimentos pouco saudables e pouco nutritivos, e ten un impacto prexudicial e sostido no tempo na súa saúde das persoas.

