Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsActualidadeMos despide a María Belén Fernández, a primeira víctima de violencia...

Mos despide a María Belén Fernández, a primeira víctima de violencia machista en Galicia neste 2026

Mos vén de despedir a María Belén Fernández, a primeira víctima de violencia machista en Galicia neste 2026 e a sexta, tan solo con dous meses de inicio de ano, no territorio español.

Veciños e veciñas así como a familia deron o seu último adeus a María Belén no tanatorio de Louriña Memorial, no municipio pontevedrés do Porriño.

Foi a súa ex parella, Santiago Fernández, 15 anos maior que ela, quen lle asestou varios golpes e puñaladas que acabaron coa vida desta veciña da localidade mosense na casa na que ambos conviviron ata a súa separación o pasado mes de decembro.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS