Venres, Xaneiro 30, 2026
HomeNewsActualidadePonteareas abre os prazos para inscribirse nos concursos de entroido

Ponteareas abre os prazos para inscribirse nos concursos de entroido

O Concello de Ponteareas informa que está aberto o prazo para inscribirse no concurso de disfraces para adultos que repartirá un total de mil euros en cinco premios correspondendo ao primeiro premio 400€.

Cando se celebra o concurso de disfraces en Ponteareas?

Juan Carlos Glez Carrera, tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, informa que o concurso de disfraces de entroido terá lugar o luns 16 de febreiro ás 19:30 horas na Praza Maior. O prazo de inscrición para este concurso manterase aberto ata o propio 16 de febreiro ás 13:00 horas. As persoas interesadas deberán consultar as bases e cumprimentar os formularios de inscrición no “taboleiro de anuncios” da páxina web do Concello. Tamén poderán contactar a través de Whatsapp no número 618 705 639.

O concurso de disfraces infantil será tamén o día 16 ás 17:00 horas na Praza Maior e repartirá lotes infantís por valor de 500€. O edil adianta que en casa de choiva trasládanse todos os concursos ao auditorio municipal. Dentro do programa de entroido haberá un obradoiro de maquillaxe o mércores día 11 ás 17:30 horas, un de antifaces o xoves 12 de febreiro ás 17:30 horas, inchables o venres 13 a partir das 17:00 horas e un obradoiro de Hama Beads o sábado 14 de febreiro ás 17:00 horas. Todos eles na Praza Maior e sen previsa inscrición. 

Juan Carlos Glez Carrera lembra que o tradicional desfile de comparsas trasládase ao sábado pola noite en consenso con todas as comparsas participantes o pasado ano, en lugar do domingo. O desfile terá lugar o sábado 14 ás 21:00 horas, con saída dende a rúa Feliciano Barrera, e ao seu remate actuará a orquestra Miramar, nunha noite pensada para encher as rúas de música, cor e diversión.

O martes de Entroido, o desfile de comparsas volverá ter como punto de partida o Paseo Matutino e finalizará cunha gran chocolatada popular, aberta a toda a cidadanía.

O Concello destina un orzamento de 12.000 euros ao desfile de comparsas e, co obxectivo de poñer en valor a tradición oral do Entroido, incentivarase a interpretación de coplas cun premio de 200 euros.

A alcaldesa, Nava Castro, anima a toda a cidadanía a participar das actividades festivas que ademais de ofrecer tempo de lecer tamén permiten prolongar as tradicións. 

Programación Entroido 2026 en Ponteareas

PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO

Mércores 11

• 17:30 h. Praza Maior. Obradoiro de maquillaxe

Xoves 12

• 17:30 h. Praza Maior. Obradoiro de antifaces de fantasía

Venres 13

•11:00 h. Desfile escolar de Entroido. Diante da Casa do Concello
• 17:00 h. Praza Bugallal. Inchables

Sábado 14

•17:30 h. Obradoiro de chaveiros de Entroido
•21:00 h. Dende o Paseo Matutino. Desfile de comparsas
Ao remate: Actuación da Orquesta Miramar

Domingo 15

• 17:00 h. Animación de rúa

Luns 16

•17:00 h. Praza Maior. Concurso de disfraces infantil.
Inscricións na propia praza. Premios para os cinco mellores disfraces*
• 20:00 h. Praza Maior. Concurso de disfraces de adultos

Martes 17

•19:00 h. Dende o Paseo Matutino. Desfile de comparsas
•20:30 h. Praza Maior. Entrega de mencións
•Ao remate: Gran chocolatada

Mércores 18

•19:30 h. Velorio da sardiña diante da Casa do Concello
•20:00 h. Enterro da sardiña. Saída dende a Casa do Concello, acompañada de charanga, ata a Praza Maior

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS