Venres, Xaneiro 30, 2026
HomeNewsActualidadeEsta é a programación de teatro en Ponteareas: Humor, memoria histórica e...

Esta é a programación de teatro en Ponteareas: Humor, memoria histórica e reflexión sobre o turismo

O Concello de Ponteareas vén de publicar, a través da canle oficial da concellería de Cultura que dirixe Juan Carlos González Carrera, a programación do primeiro semestre de teatro no Auditorio Reveriano Soutullo da localidade.

Humor e morte

A programación comeza este mesmo domingo día 1 de febreiro a partir das 18:30 horas coa obra de teatro “De algo hai que morrer” da compañía Malasombra. Trátase dunha comedia na que se analizan distintas mortes e por que hai quen falece de xeito natural como, por exemplo, Amy Winehouse, ” ou quen o fai cun accidente de tráfico como Carrero Blanco”, segundo explican desde a compañía. Os actores son Xoque Carbajal e Jouse García. As entradas teñen un prezo de cinco euros.

Memoria histórica en Galicia e igualdade

A seguinte cita co teatro terá lugar o domingo día 1 de marzo coa peza As Alumnas. Comezará ás 18:30 horas e está a cargo da compañía Culturactiva. Dirixida a un público adulto, a obra trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeiro e sobre como o franquismo significou “un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres”. Comeza ás 18:30 horas e as entradas teñen un prezo de cinco euros.

Humor, turismo e xentifricación

Go home che a vila do Corpus o domingo 11 de abril a partir das 19:00 horas coa compañía Etiqueta Negra. Unha comedia negra, protagonizada por David Amor e Josito Porto,, na que as principais temáticas son o turismo e a xentrificación. As entradas tamén teñen un prezo de cinco euros.

Fin da programación do 1º semestre con “Sobria e Serena”

A programación do primeiro semestre de teatro en Ponteareas pecharano as humoristas Sobria e Serena co seu “chou” o domingo 10 de maio ás 19:00 horas.

@sobria.y.serena

Un domingo más, Sobria y Serena os traen el segundo informativo más cómico despues del telediario @Jazmín Abuín @Arantxa Treus #sobriayserena #humortiktok #humor #duocomico

♬ sonido original – Sobria y Serena

Cartel da programación de teatro en Ponteareas

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS