miércoles, enero 14, 2026
InicioActualidadeDeportesMingueza pacta a súa fichaxe coa Juventus: en negocacións abertas de cara...

Mingueza pacta a súa fichaxe coa Juventus: en negocacións abertas de cara ao próximo verán

Óscar Mingueza podería estar contando os seus derradeiros días coma xogador do Celta. O xornalista italiano Fabrizio Romano, que esta mesma semana xa adiantara o interese da Juventus por contratalo, sinalou o avance na incorporación do futbolista ao clube italiano. A saída do defensa catalán, que remata contrato co equipo vigués o próximo 30 de xuño, sería posible grazas á liberdade que teñen os futbolistas a partir do 1 de xaneiro para negociar con outros equipos no seu derradeiro ano de contrato.

Fabrizio Romano barallou a posibilidade de que a Juventus tentase chegar a un acordo económico co Celta para acelerar a incorporación de Mingueza a este mismo mercado, mais en Vigo, polo de agora, descartase esta opción. Mingueza é un xogador moi importante no esquema de Claudio Giráldez e o Celta pretende conservarlo ata o remate desta tempada, na que todavía disputa dúas competicións. Ademais, a Juventus, ou calquer equipo que pretenda asinar ao internacional celeste, é consciente de que poderían obter a Mingueza sen pagar un traspaso ao finalizar a campaña 25/26.

No caso de que o Celta aceptase unha oferta, o 50% do montante recibido iría ao peto do FC Barcelona. Desde A Sede, sen embargo, nunca perderon a esperanza de renovar a Mingueza. Mais o Celta sabe que non poderá igualar no económico as posibles propostas de equipos da magnitude e patrimonio da Juventus ou da Premier League inglesa. No caso de que, finalmente, Mingueza optase por ampliar o seu vínculo co Celta, o Barcelona mantería o dereito a recibir o 50% dun futuro traspaso do defensor catalán.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS