miércoles, enero 14, 2026
InicioNewsActualidadeCovelo acolle unha charla informativa sobre a IXP Castaña de Galicia

Covelo acolle unha charla informativa sobre a IXP Castaña de Galicia

O Auditorio Municipal de Covelo acollerá o vindeiro luns 19 de xaneiro, ás 11:00 horas, unha charla informativa sobre a Marca de Calidade IXP Castaña de Galicia, unha iniciativa destinada a dar a coñecer o valor, a protección e as oportunidades que ofrece esta indicación xeográfica protexida para o sector castiñeiro galego.

A xornada ten como obxectivo achegar información de interese a produtoras e produtores, profesionais do sector e ao público en xeral, poñendo en valor un produto emblemático do territorio galego, clave para o desenvolvemento rural e a economía local.

Durante a sesión abordarase o funcionamento da IXP Castaña de Galicia, os seus criterios de calidade, os beneficios da certificación e o seu papel na valorización da castaña galega nos mercados, así como as liñas de apoio e promoción existentes.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS