A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglés.
Está dirixida a persoas que non teñan título da ESO ou Bacharelato e que desexen cursar certificados profesionais que inclúen como requisito esa formación
Desenvolveranse dúas probas, en maio e en outubro, para que os participantes que no primeiro exame non superaran algunha competencia na que se inscribiron teñan unha segunda oportunidade sen ter que agardar a unha nova convocatoria
Desde 2009 xa participaron neste procedemento máis de 47.700 galegos e galegas

