lunes, noviembre 10, 2025
InicioNewsO Silfest anuncia as primeiras confirmacións para o seu décimo aniversario

O Silfest anuncia as primeiras confirmacións para o seu décimo aniversario

O SilFest Valdeorras alcanza en 2026 a súa décima edición. Deste xeito, o evento atesoura xa dez anos ofrecendo unha experiencia próxima e profundamente ligada ao territorio, a beiras do río Sil, na contorna do Concello do Barco de Valdeorras e a organización vén de facer público as primeiras bandas confirmadas que formarán parte do cartel.

A música soará en Valdeorras coa voces e guitarras de Morgan, Hinds, Begut así como cos platos de DJ90, «que poñerán ritmo a unha edición moi especial», tal e como indican desde a organizaciónn do SilFest a través dun comunicado no que indican que o evento non «quere ser como os demais. O seu espírito mantense intacto: gozar da música e a cultura sen aglomeracións, co ritmo pausado que só Valdeorras pode ofrecer» posto que é «un festival para saborear —literalmente—, cun bo viño da D.Ou. Valdeorras».

Ademais dunha programación musical que combina bandas xa consagradas coas mellores propostas emerxentes, o festival aposta por unha experiencia global que une cultura, natureza e gastronomía. Co abono, as persoas que asistan poderán gozar de catas, talleres e paseos en kaiak polo río Sil, ademais dunha variada oferta gastronómica e actividades familiares nunha contorna natural incomparable que convida a relaxarse, gozar e compartir.

Tamén para os máis pequenos e as máis pequenas

Entre as actividades máis esperadas, destaca o MiniSilFest, o corazón novo e vibrante do festival. Este espazo, especialmente deseñado para espertar a curiosidade e a paixón pola música e as artes nos máis pequenos, converteuse nun dos grandes atractivos de cada edición: «un lugar onde nenos e adultos gozan por igual, creando recordos indelebles nun ambiente festivo e acolledor», segundo indican desde o festival.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS