O Concello de Salvaterra de Miño organiza o vindeiro domingo, 9 de novembro, unha xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño con motivo do Día Mundial do Enoturismo. O espazo está ubicado no recinto amurallado da vila.
De forma gratuíta e por grupos, os visitantes descubriran o espazo de divulgación da viticultura e enoloxía «altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia», explican dende o goberno municipal.
O horario das visitas será de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas. Para inscribirse, é preciso porse en contacto co museo a través da seguinte ligazón.


