miércoles, octubre 29, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño modernizará os seus polígonos cunha inversión de 300.000 euros

O Porriño modernizará os seus polígonos cunha inversión de 300.000 euros

O Concello do Porriño iniciou esta semana as obras de mellora de infraestruturas no Polígono das Gándaras, un dos dous proxectos aos que a Xunta de Galicia concedeu subvención ao abeiro da liña de axudas da Consellería de Economía e Industria destinada á modernización dos parques empresariais galegos.

O municipio recibiu a totalidade das axudas solicitadas, por un importe conxunto de 300.000 euros; sendo 150.000 euros por proxecto, que permitirán executar tamén as actuacións de mellora da seguridade viaria no Polígono de A Granxa, cuxo inicio está previsto para a vindeira semana.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado dos concelleiros Ramón Porto e Carlos González, desprazáronse ata o Polígono das Gándaras para coñecer de primeira man o avance dos traballos, que inclúen a renovación de pavimentos, mellora da iluminación e adecuación de zonas comúns e accesos.

Lorenzo salientou que “estas actuacións son unha mostra máis do compromiso do Concello coa modernización e competitividade do noso tecido industrial, motor económico da comarca e de Galicia”. Engadiu ademais que “gracias á colaboración coa Xunta e ao esforzo conxunto coas asociacións empresariais, seguimos avanzando na mellora dos nosos polígonos, que contan con máis de 3,5 millóns de metros cadrados de solo industrial e máis de 2.200 empresas asentadas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS