Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsComarcasAsí foi a noite de encerro das traballadoras do SAF de Ponteareas

Así foi a noite de encerro das traballadoras do SAF de Ponteareas

“Non nos moverán”. Baixo este lema, as traballadoras e os traballadores do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas encerráronse no salón de plenos do Concello para “visibilizar a nosa situación”. Levan máis dun mes en folga indefinida co obxectivo de que a empresa concesionaria do servizo “quede fóra”. Denuncian impagos e precariedade nas súas condicións laborais, entre outras cuestións.

Ao fin da sesión plenaria, na que a corporación abrodou a problemática das traballadoras do SAF e na que o propio goberno municipal, liderado polo Partido Popular, recoñeceu que a empresa caira en “infraccións grave e moi graves”, as traballadoras decidiron permanecer no Concello: Pasarían alí a noite.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS