O Colegio Lar, situado en Mos, deu inicio ao novo curso escolar coa renovación integral do seu servizo de comerdor ECOFOOD, encamiñado cara unha alimentación máis saudable, sostible e consciente.
Dende o propio centro aseguran que «unha de cada dúas familias escolle o noso colexio precisamente polo servizo de comedor», sendo para eles unha das súas máximas prioridades.
O novo modelo de comedor, coordinado polo director de cociña e restauranción do centro e supervisado por un laboratorio especializado, ofrecerá ás familias toda a información relativa á alimentación dos seus fillos a través dunha aplicación. Nela, os pais e nais poderán ver o desglose calórico de cada prato, así como recomendacións para as merendas, co obxectivo de facilitar unha dieta equilibrada ao longo da semana.
Entre as melloras alimentarias destacan o uso de peixe fresco de lonxa como alternativa ao conxelado, a intrudución de verdura e froita de tempada ou a eliminación de ultraprocesados, colorantes e redución de azúcares.
Do mesmo xeito, os proveedores tamén colaborarán activamente na redución do impacto ambiental, con envases reutlizables ou reciclables, coa finalidade de alcanzar o «plástico cero».
Tal e como indica o director do Colegio Lar, Rodrigo Salgado «o centro reforza así o seu compromiso coa saúde e coa transmisión de valores como a responsabilidade, o respeto ao medio ambiente e o pensamento crítico do alumnado».

