lunes, octubre 27, 2025
InicioNewsActualidadePorriño habilita un novo aparcadoiro público nunha parcela de máis de 3.000...

Porriño habilita un novo aparcadoiro público nunha parcela de máis de 3.000 metros cadrados

O Concello do Porriño vén de conseguir a cesión gratuíta dunha parcela de 3.048,69 metros cadrados para acondicionala como aparcadoiro público de balde, situada nas inmediacións das pistas de tenis, con acceso dende a rúa Fernández Areal.

Esta nova infraestrutura dará servizo a localizacións moi concorridas como son o centro de saúde, o polideportivo municipal, os xulgados e a Tesourería Xeral da Seguridade Social. Nos vindeiros días, o Concello iniciará os traballos de acondicionamento da parcela, co obxectivo de que o aparcadoiro poida entrar en funcionamento nas próximas semanas.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo agradecer a colaboración da veciñanza, “a boa disposición dos propietarios destas parcelas é fundamental para que o Concello poida ofrecer solucións reais á demanda de estacionamento no centro. Seguiremos traballando para conseguir máis espazos como este, que faciliten a mobilidade e melloren a calidade de vida no Porriño”. Engadiu ademais que “son servizos que seguiremos ampliando, pois se creamos zonas peonís e de recreo, é preciso crear tamén aparcadoiros para completar as novas infraestruturas e garantir que toda a veciñanza poida desfrutalas con comodidade”.

Este novo espazo vén reforzar a oferta de estacionamento no centro urbano xerada nos últimos tres anos, sumándose aos cinco xa habilitados, situados na rúa Progreso, na Travesía Avelino Villasuso, na rúa Pontevedra e dous en Antonio Palacios, lindeiros ao acceso a autovía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS