Mércores, Xaneiro 28, 2026
HomeNewsComarcasO Ministerio de Transportes aproba o proxecto de construción de rotondas na...

O Ministerio de Transportes aproba o proxecto de construción de rotondas na N-120, en Ponteareas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible da luz verde á aprobación definitiva do proxecto de trazado da Nacional 120 ao seu paso por Ponteareas. Trátase dos puntos quilométricos 644,900 e 649,950. A actuación conta cun orzamento base de licitación de 3,34 millóns de euros e inclúe novas glorietas, a mellora da seguridade viaria así como o tratamento das marxes da estrada.

En concreto, a resolución recolle que “tanto para a nova implantación, recolocación ou eliminación de paradas de autobús como para a localización de pasos de peóns, estudarase a mobilidade peonil e as paradas acordadas para o que se informará a todos os organismos e compañías correspondentes tanto da substitución como da localización proxectada” e que “eliminarase a glorieta situada no p.k. 646+470 proxectada no Documento Complementario” así como “modificarase a solución proposta no acceso do PK 649+550 marxe esquerda dispoñéndoo de saída e entrada”.

Pola súa banda, o documento establece que deberase analizar a posibilidade de manter os accesos que non dispoñan dun
alternativo
e que se terán en conta as redes de abastecemento que achegou o Concello de Ponteareas no trámite de información oficial. Ademais, “solicitarase novamente a información sobre todas as redes existentes na zona, xa sexan públicas ou privadas”.

Control arqueolóxico

Transportes proxectará a axecución dun fresado da plataforma existente “con carácter previo á extensión da nova capa de rodadura” e realizará un control e seguimento arqueolóxico de movemento de terras na xona da contorna de protección de Cividá. Refírese ao castro que se localiza na parroquia de Xinzo.

De igual xeito, para a construción destas glorietas, o Minsiterio terá en conta as instalacións de telefonía, internet, auga e luz e “procederá a súa reposición segundo normativa vixente, informando as compañías titulares”. Realizarase, tamén, unha nova consulta ao Catastro, “de forma que as titularidades das parcelas queden actualizadas a data de proxecto”.

O documento establece que modificarase o deseño das glorietas, “baseada nun estudo de traxectorias o cal se incluirá no proxecto de construción, dispoñendo no anel interior das glorietas dunha anchura suficiente para garantir a circulación pola estrada da Nacional 120 dos vehículos de transportes especiais” e que se analizará o espazo libre de acceso ao garaxe situado na marxe dereita do punto quilométrico 649+190.

“Un paso máis para a licitación”

Neste contexto, o Partido Socialista de Ponteareas explica a través da súa voceira, Vanesa Fernández, que “o PSOE cumpre” e que se trata “dun paso máis e necesario para seguir avanzando no proxecto de seguridade, imprescindible para a seguridade dos veciños e das veciñas”. Indica Fernández que “é un paso máis para poder pasar á licitación do proxecto” e agradece “o traballo da Plataforma N-120 durante todos estes anos, nós, seguiremos comprometidos e traballando”.

    Artigos relacionados

    OUTRAS NOVAS