viernes, octubre 17, 2025
InicioNewsActualidadeTui acolle este venres a representación teatral familiar "Bulebule" que aborda temas...

Tui acolle este venres a representación teatral familiar «Bulebule» que aborda temas como a diversidade e a igualdade

Cita teatral para público familiar este venres, 17 de outubro, ás 19 horas no Teatro Municipal de Tui. Os Náufragos Teatro representarán “Bulebule”. Baixo a dirección de Gustavo del Río e interpretado por Irene Lorenzo e Jimmy Núñez,
Bulebule conta a historia de Candela, a quen chaman Bulebule, e que ten TDAH.

A ela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco que quere construír ela mesma, pero atópase con que ningunha das dúas cousas é unha tarefa sinxela.

Nesta historia non estará soa xa que aparecerá en escena o seu amigo Bruno, que vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música.

O espectáculo fala da igualdade destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións. Tamén aborda a diversidade e o TDAH -Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade-. As entradas están á venda en tui.gal, até 10 minutos antes do inicio da función, aos prezo de 4€ e 3€.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS