miércoles, octubre 15, 2025
InicioO PaísA CoruñaDeteñen a unha asasina de anciás en serie na Coruña por outro...

Deteñen a unha asasina de anciás en serie na Coruña por outro crime mentras gozaba dun permiso

A Policia Nacional investiga se Remedios Sánchez Sánchez, que leva case dúas décadas na prisión de Teixeiro por matar varias persoas maiores, é a responsable da morte dunha muller de 91 anos na Coruña.

Os feitos ocorreron o pasado día 3 de outubro. Fontes da investigación explican que o corpo da anciá foi atopado polo seu neto no baño da casa en que vivía na Coruña, na avenida de Monelos. O rapaz acudiu á vivenda da señora, tras un tempo sen poder comunicarse con ela. Nun primeiro momento, todo apuntaba a que podería ser unha morte natural, pero tras realizar a autopsia revelouse que se trataba dun homicidio.

Tras ser revisado o caso, e segundo indican as fontes, unhas imaxes captadas por unha cámara que instalara o fillo da falecida na súa casa descubriu a presenza de Remedios Sánchez no lugar.

O caso está baixo segrado sumarial, pero fontes da investigación aseguran que están a recabar datos sobre os movementos de Remedios Sánchez, que eses días desfrutaba dun permiso penitenciario de fin de semana. A sospeitosa foi detida no propio centro penitenciario o pasado día 8 de outubro.

A muller, natural de Boimorto, acumula penas de 144 anos de prisión por tres asasinatos consumados e cinco tentativas no ano 2006 en Barcelona e Mataró. Tamén foi condenada por sete delictos de roubo con violencia.

O «modus operandi» de Remedios Sánchez era sempre o mesmo: primeiro facíase amiga das anciás e logo, matábaas, por asfixia ou estrangulamento, para poder roubarlles.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS