martes, octubre 14, 2025
InicioNewsActualidadeDeteñen a un home no hospital de Verín por tentativa de homicidio...

Deteñen a un home no hospital de Verín por tentativa de homicidio tras apuñalar 23 veces a un veciño

A Policía Xudical da Garda Civil de Verín vén de deter no hospital de Verín a un home de 63 anos como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio tras apuñalar ata en 23 ocasións ao seu veciño.

As investigacións continúan abertas en mans da Garda Civil para esclarecer os feitos, á espera de poder comunicarse coa vítima que permanece en estado grave no Complexo Hospitalario de Ourense.

Segundo ratificou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está previsto que o detido pase a disposición xudicial este mércores.

Os feitos ocorreron este luns

Os feitos desenvolvéronse arredor das 16 horas deste luns nunha vivenda de Feilas, no Concello de Vilardevós. Segundo fontes da Garda Civil, o detido explicou que el e a vítima, un home de 65 anos, «non se levaban ben» e que acudiu ao domicilio de este co propósito de cobrar unha débeda, e acabou asentándolle 23 puñaladas.

Ao tempo, segundo informou a alcaldesa do municipio, Eva Gamote, a vítima era un veciño «de toda a vida», mentres que o detido mudouse desde Barcelona «hai uns anos». Este, que xa se atopa á disposición da Garda Civil, recibiu asistencia médica no hospital de Verín, por autolesionarse, supostamente, unha man.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS