Ponteareas acollerá a Residencia Creativa Musical Interritmos-Raíces Vivas na Residencia de Artes e Pensamento Artistea, a primeira delas que se realizará sen estar promovida polo Concello de Ponteareas. O encontro terá lugar do 21 ao 24 de outubro.
Nesta ocasión, o proxecto está impulsado polo GDR Terra e Auga, xunto a outros 10 GDR galegos, a Fundación Paideia Galiza, a Fundación Paco de Lucía e promovido pola iniciativa de cooperción Leader Interritmos-Raíces Vivas. A maiores, conta coa colaboración do Concello de Ponteareas.
Durante catro días, artistas emerxentes convivirán con diferentes referentes da música e da danza para explorar o diálogo entre la música tradicional galega e o flamento. Entre os referentes, conta coa participación de diferentes profesionais do sector como Patricia Hermida, Xurxo Fernandes, Sarayma, Lucía Sánchez ou Sabela Maneira, de Tanxugueiras; entre outros.
O obxectivo da iniciativa é «acompañar e impulsar a artistas musicais, promovendo a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial e fomentando a profesionalización a través do intercambio con referentes da música e da danza» tal e como explican dende a organización.
A participación na Residencia Creativa Musical Interritmos-Raíces Vivas é de carácter gratuíto, incluíndo aloxamento a manutención. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de outubro ás 12 horas e a selección de participantes correrá a cargo dunha comisión especializada que avaliará todas as candidaturas recibidas.