A vicepresidenta do CPI da Cañiza, María del Carmen Espadas, explica nos micrófonos de Si Radio a situación do pavillón do colexio: “Os nenos e as nenas non poden empregalo para facer, por exemplo, Educación Física” e que “agora teñen que dar a materia a través de teoría cando fai mal tempo”.
O Concello propúxolle como solución o pavillón municipal “pero non é viable” porque “é un traxecto longo e, cando chove, os nenos e as nenas non teñen como abrigarse”.
Podes escoitar a entrevista completa aquí:

