A gastronomía lusa, en concreto a do municipio de Monçao, volve ser a protagonista do terceiro fin de semana de outubro coa celebración da Fin de Semana Gastronómica “Cordeiro à Moda de Monçao”.
Durante a fin de semana do 18 e 19 de outubro, quince restaurantes da vila presentarán esta receta exclusiva e deliciosa “preservada, con orgullo e cariño, por xeracións de monçanenses”.
A programación abarca, ademais das tradicionais degustacións, outras actividades como workshops, catas comentadas y animación musical e infantil.
Toda a programación dispoñible na seguinte ligazón.

