O concurso gastronómico, IV Campionato de Pinchos e Tapas de Galicia, chega á Ribeira Sacra co seu formato showcooking e dirixido ao sector da hostalaría galega. O evento celebrarase o luns 20 e o martes 21 de outubro no Monasterio de San Pedro de Rocas, en Esgos, na provincia de Ourense.
A competición está dirixida a profesionais en exercicio vinculados a un establecemento de hostalaría situado en calquera das catro provincias galegas, que conte con servizo de barra e ofreza unha proposta de pinchos ou tapas de forma regular durante todo o ano.
As inscripcións están abertas ata o 30 de setembro a través da seguinte ligazón. Os concursantes optarán a premios valorados en máis de 3.000 euros en produtos cedidos polas marcas patrocinadoras e colaboradoras.
A competición
Os e as participantes cociñarán en dous boxes de cociña instalados sobre un escenario. Cada participante terá 15 minutos para elaborar seis tapas, unha para cada membro do xurado e outra para a foto e exposición.
Unha vez rematadas as tapas, cada participante presentará ao xurado as súas elaboracións. A organización realizará un sorteo para establecer as quendas de participación.
IV Roteiro de Tapas de Galicia
A maiores, dentro da programación da competición e de forma previa á mesma, será posible probar os diferentes petiscos que serán presentados durante o campionato, do 10 ao 19 de octubro.
Así, as barras dos bares e restaurantes participantes ofrecerán ao público a tapa ou pincho do certame, brindando aos comensais unha nova alternativa de gastronomía para degustar en dous ou tres bocados, desfrutando ademais dunha copa de cervexa ou viño.