martes, septiembre 16, 2025
InicioNewsA RaiaUnha ruta en bicicleta para descubrir fronteiras co II BTT Transibérico 2025

Unha ruta en bicicleta para descubrir fronteiras co II BTT Transibérico 2025

A Eurocidade Cerveira-Tomiño orzaniza a II BTT Transibérico 2025 coa intención de «atravesar fronteiras a golpe de pedal para descubrir un territorio único».

O evento, promovido pola Eurocidade Cerveira- Tomiño en colaboración coa asociación Pedal’Arte de Vila Nova de Cerveira e a Colibrí ACDR de Tomiño, celebrarase o vindeiro 19 de outubro cun percorrido inmersivo que convida a explorar o mellor da contorna.

O paseo, de carácter non competitivo, ofrecerá ás e aos participantes unha experiencia de auténtica descuberta: camiños forestais e rurais que conectan natureza, patrimonio, tradicións e gastronomía local. A saída terá lugar na Praza do Seixo de Tomiño, ás 08.30 h (PT) / 09.30 h (GA), cun itinerario guiado exclusivamente por tecnoloxía GPS, que permitirá a cada ciclista percorrer a ruta con total autonomía.

Máis alá da práctica deportiva, o BTT Transibérico 2025 busca «dinamizar o comercio e
a hostalería locais
, promovendo paradas en espazos culturais, negocios, restaurantes e producións agrícolas da Eurocidade».

A organización ofrecerá dorsal, seguro, avituallamento líquido e sólido, reforzo e servizo de duchas ao final da xornada. As inscricións están xa abertas, de forma individual ou en grupo, e poderán realizarse ata o 17 de outubro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS