martes, septiembre 16, 2025
InicioNewsActualidadeDetidos dous veciños da Guarda como presuntos autores de dous roubos con...

Detidos dous veciños da Guarda como presuntos autores de dous roubos con forza

O Equipo Básico de Inspeccións Oculares (EBIO) da Garda Civil de Tui detivo a dous veciños da Guarda, de 41 e 37 anos con numerosos antecedentes policiais, como presuntos autores de dous roubos con forza.

O pasado 1 de setembro a Garda Civil de A Guarda recibiu unha denuncia por un roubo con forza nun local de hostalaría onde os autores, descoñecidos, substraxeron uns 3000 euros en efectivo.

O día 10 do mesmo mes, a mesma unidade recolleu outra denuncia por roubo con forza nunha tenda de golosinas da mesma localidade. Nesta ocasión, ademais de diñeiro en efectivo tamén levaron productos varios.

O caso foi investigado polo Equipo EBIO de Tui, que tras diferentes pesquisas e xestións, conclúe coa detención destas dúas persoas. Os detidos foron postos a disposición xudicial xunto coas dilixencias, onde foi decretada a súa liberdade con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS