Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsActualidadeTui homenaxea o Ano Castelao co acto cívico “Os viños de Castelao”

Tui homenaxea o Ano Castelao co acto cívico “Os viños de Castelao”

O Concello de Tui promove un acto cívico de homenaxe á figura senlleira de Alfonso D. Rodríguez Castealo co gallo da celebración do 75 aniversario do seu pasamento e como “mostra de gratitude do pobo galego” desta egrexia figura senlleira da cultura e política galegas.

“Os viños de Castelao” é unha proposta de achegamento á traxectoria de Castelao que correrá a cargo do historiador Bieto Alonso, que ten estudado a vida e obra de Castelao en numerosas publicacións, e falará neste acto sobre “O itinerario político de Castelao”. Completarase este acto de recoñecemento a Castelao cunha actividade de lecer denominada “Os viños dos espazos que habitou Castelao. Explicación e degustación ” que estará a cargo de Marina Cruces, unha sumiller tudense con longa traxectoria no mundo do viño e as catas.

Ao longo do desenvolvemento deste programa está prevista a actuación musical de Pancho Álvarez, Quico Paz Antón e Alexandre González, acreditados músicos da nosa contorna con ampla traxectoria profesional.

Este acto de homenaxe a Castelao celebrarase o domingo 28 de setembro, ás 12.00 h no céntrico edificio da Praza da Inmaculada (antigo Pazo de Xustiza). As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo electrónico da Oficina Municipal de Turismo: turismo@tui.gal non admitindo mais que dúas inscricións no mesmo correo. O prazo de inscrición é do 10 ao 20 de setembro e as prazas son limitadas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS