Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsLa Vuelta non chega a Mos: Centos de persoas maniféstanse baixo o...

La Vuelta non chega a Mos: Centos de persoas maniféstanse baixo o lema “Palestina vencerá”

La Vuelta 2025 non chega a Mos. E é que a etapa recortouse 8 kilómetros antes da chegada prevista á meta ao seu paso por este municipio debido ás protestas que se produciron no Alto de San Cosme. Ata alí, desprazáronse numerosos efectivos das forzas e corpos de Seguridade do Estado como Gardas Civís e Antidisturbios.

Centos de persoas se concentraron alí para berrar “Non é unha guerra, é un xenocidio”, “Do alto de San Cosme non nos moverán” ou “Palestina vencerá”, en referencia ao xenocidio que está cometendo o goberno de Israel sobre o pobo de Gaza e rexeitando, neste contexto, a participación do equipo israelí PREMIER TECH en La Vuelta.

Así, a organización de La Vuelta enviou unha comunicación anunciando a decisión de finalizar a etapa 8 quilómetros antes do previsto. Anteriormente, as forzas e corpos de seguridade do Estado tiveron que retirar unha árbore, que se atopaba atrevesada na estrada.

Coa cancelación da chegada ao Castro de Herville, no municipio de Mos, son xa dúas veces as que os ciclistas de La Vuelta non puideron terminar a etapa prevista. A primeira delas tivo lugar na cidade de Bilbao.

As protestas en Mos non foron as únicas que tiveron lugar na área de Vigo durante esta xornada. En localidades como Salceda de Caselas ou en Tui tamén foron centos de veciños e de veciñas os que se concentraron para condenar a participación do equipo israelí neste evento deportivo e condenando o xenocidio en Gaza.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS