Mércores, Xaneiro 28, 2026
HomeConcellos +A CañizaA Cañiza instalará un sistema de xeotermia na Casa Consistorial

A Cañiza instalará un sistema de xeotermia na Casa Consistorial

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, vén de anunciar que as obras de instalación de xeotermia na Casa Consistorial da Cañiza estarán finalizadas en breve.

Segundo explicou o rexedor, a actuación permitirá reducir de forma significativa o consumo enerxético, as emisións contaminantes e os custes de mantemento, dando “un paso decidido cara un concello máis sostible respectuoso co medio ambiente”.

A intervención forma parte do proxecto “Instalacións Xeotérmicas Sostibles II“, enmarcado no Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e supón unha inversión total de case 228.000 euros.

A maior parte da financiación vén do Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE), que aporta o 85% do investimento. Ademais, conta cunha axuda do 8% da Deputación de Pontevedra, aportando o Concello da Cañiza o 7% restantes.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS