As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas conseguen que a Xunta de Galicia anule o servizo que realizaban nun dos domicilios do rural da vila. Así o explica nos micrófonos de Si Radio a traballadora Digna Cardoso, quen indica que «nesa casa sufríamos maltrato psicolóxico e maltrato físico e por fin conseguimos que a Xunta anulase ese servizo nesa casa».
Podes escoitar a entrevista completa, aquí: