A Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo insta aos fiscais provinciais a esixir responsabilidades penais ás administracións que non elaborasen os seus plans obrigatorios de prevención. Esta petición do fiscal Antonio Vercher chega nun contexto no que diferentes voraces incendios asolan á Galicia, pero tamén a outra comunidades como é o caso de Castela e León.
No escrito, o fiscal xefe lembra que «o obxectivo principal dos plans de prevención de incendios é evitar a ocorrencia de incendios» e, no caso de que teñan lugar, «minimizar os seus efectos negativos, protexendo vidas, propiedades e o medio ambiente». Indica que «isto se logra mediante a implementación de mediads para reducir a probabilidade de ignición, controlar a propagación do lume e asegurar unha evacuación segura».
Insiste o fiscal que «se trata dun conxunto de accións e estratexias deseñadas para protexer a vida, a propiedade e o medio ambiente dos efectos destructivos dos incendios, mediante a anticipación e o control dos riscos asociados».
Neste contexto, pide que se realice un mapeo do territorio así como daqueles puntos que, pola súa orografía, superficie forestal ou temperatura sexan susceptibles de ter un risco alto-medio de que estos se produzan para combatir e previr incendios así como verificar a exsitencia de plans de prevención de incendios naqueles municipios inarcadinados nesas áreas».
Ademais, insta aos fiscais a que comproben se existen os plans de prevención requeridos, «á vista da situación desastrosa que se está producindo este ano é necesario insistir especialmente na problemática dos plans de prevención de incendios».