O lume chegou durante a tarde de onte ata a parroquia de Prado, en Ponteareas. Con todo, este incendio forestal, que comezou sobre as 18:58 horas, xa está extinguido, segundo informan desde a Consellería de Medio Rural.
En total, as lapas calcinaron 1,56 hectáreas de monte arbolado e para a súa extinción mobilizáronse dous helicópteros, un ténico, catro motobombas, seis brigadas e tres axentes. Os efectivos lograron extinguir o lume durante a madrugada. De xeito máis concreto, ás 01:39 horas.