jueves, agosto 21, 2025
InicioNewsComarcasIncendio en Tui: Medio Rural confirma un lume que ten lugar na...

Incendio en Tui: Medio Rural confirma un lume que ten lugar na parroquia de Areas

O lume chegou á comarca do Baixo Miño. A cidade de Tui rexistra, arestora, un incendio que comezou sobre as 17:14 horas. De xeito máis concreto, na parroquia de Areas, segundo confirma a Consellería de Medio Rural ao equipo de informativos de Si Radio. O fogo alcanzou, ademais, unha das naves que se ubica nese polígono e onde se localiza a coñecida fábrica de gominolas do municipio.

Polo de agora, non se coñece a superficie afectada polas lapas e no lugar están traballando diferentes medios de extinción. Medio Rural apunta que ata alí se desprazaron un helicóptero, 3 motobombas e 3 brigadas asíc omo dous axentes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS