A Asociación de Comerciantes ACISA, de Salceda de Caselas, organiza xunto ao Concello de Salceda unha campaña co fin de promover as ventas no comercio local durante o mes de agosto.
Nesta ocasión, máis de 60 comercios locais participan na nova proposta «Rasca e Gaña». A campaña repartirá durante o mes de agosto máis de 70 premios físicos ademais de vales por un valor total de 1.000 euros que se poderán gastar nos establecementos adheridos a ACISA.
Para participar, tan só é preciso facer calquer tipo de compra nos establecementos adheridos, obtendo de inmediato un «rasca» no que figurará se está ou non premiado.
A iniciativa busca, ademais de promover o comercio local, incentivar a rotación da clientela polos diferentes establecementos. Desta forma, cando, por exemplo, gañen un premio na froitaría, indicaráselle que debe recoller o premio na perruquería.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, asegura que «estas campañas fan que se dinamice a economía local, e que a veciñanza coñeza toda a oferta de servizos da vila. O traballo en rede de comercio, hostalaría, asociacións e concello permite ten un pobo vivo e que xera emprego».