viernes, agosto 1, 2025
InicioNewsConfinan a poboación da Cañiza polo incendio forestal que calcinou xa 200...

Confinan a poboación da Cañiza polo incendio forestal que calcinou xa 200 hectáreas

Os veciños e as vecinas da Cañiza acaban de recibir unha mensaxe de Protección Civil no móvil para que queden confinados nas súas casas por mor do incendio forestal que asola ao municipio desde esta tarde.

De xeito máis concreto, pediron á veciñanza do Castro, O Chan do Val, A Portela, Portaleiras, Castiñeiro Longo, Barreiros e A Castiñeira que quedaran no interior das súas vivendas. Ademais, indican que deben pechar portas e xanelas e que coloquen toallas ou panos mollados nas xuntas das mesmas para evitar a entrada do fume. A seguinte indicación é que se apaguen os sistemas de ventilación.

En todo caso, desde emerxencias piden que non saian das vivendas ata que reciban un novo aviso. No caso de que os veciños e as veciñas se atopen no exterior, as indicacións é que se afasten dos lugares afectados.

Segundo indican desde Medio Rural, o incendio forestal na Cañiza arrasou xa con 200 hectáreas desde o seu comenzó hai dúas horas. De feito, a Xunta decretou o Nivel 2 de Emerxencia debido á proximidade do lume ás casas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS