miércoles, julio 23, 2025
InicioNewsActualidadeA Banda Xuvenil de Torroso protagoniza un intercambio musical coa Banda de...

A Banda Xuvenil de Torroso protagoniza un intercambio musical coa Banda de Música Ciudad de Burgos

A Banda de Música Xuvenil de Torroso embarcarase nunha enriquecedora experiencia cultural e musical co gallo do intercambio que realizará coa prestixiosa Banda de Música Ciudad de Burgos. O encontro celebrarase os días 25, 26 e 27 de xullo e culminará cun gran concerto conxunto o sábado 26, ás 20:30 horas, na Praza do Rei San Fernando, un dos espazos máis emblemáticos da cidade de Burgos.

A agrupación mosense viaxará ao completo a esta cita, que representa unha oportunidade única para fortalecer os lazos entre bandas xuvenís de diferentes territorios, promovendo non só o crecemento artístico das persoas participantes, senón tamén o intercambio de experiencias, valores e tradicións.

Como parte deste intercambio, a Banda de Música Ciudad de Burgos devolverá a visita e participará no XXV Certame de Bandas de Música de Torroso, que se celebrará o 2 de agosto ás 20:00 horas no Centro Dotacional de Torroso, dentro da programación das Festas de San Mamede.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS