miércoles, julio 23, 2025
InicioNewsComarcasDetido un veciño de Murcia como presunto autor do accidente mortal no...

Detido un veciño de Murcia como presunto autor do accidente mortal no corredor do Baixo Miño

A Garda Civil detén a un mozo de 25 anos e veciño de Murcia como presunto autor do accidente de tráfico mortal que tivo lugar no corredor do Baixo Miño o pasdo día 15 de xullo. No suceso perdeu a vida un motorista.

Ao detido se lle imputa varios delitos. Un de homicidio imprudente grave, outro por abandono do lugar do accidente e por omisión do deber do socorro. Segundo indican fontes do caso, realizou unha manobra irregular de adiantamento cun exceso de velocidade.

Neste contexto, o subdelegado do Goberno, Abel Losada, indicou que «o piloto estaba identificado polo que era cuestión de tempo dar co seu paradero xa que abandounou o lugar tras o suceso subíndose a outro vehículo que o trasladou ao centro de saúde de Tui».

Foi o Grupo de Investigación de Accidentes de Tráfico e o Equipo de Investigación de Siniestros da Garda Civil do Porriño quen practicaron a detección deste veciño de Murcia. Manexaba un BMW M4 con matrícula alemá. Pasará a disposición xudicial nas próximas horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS