viernes, julio 18, 2025
InicioNewsActualidadeFelipe Villar impartirá a masterclass "A Linguaxe do Jazz" no Festival de...

Felipe Villar impartirá a masterclass «A Linguaxe do Jazz» no Festival de Jazz de Ponteareas

Formación e entretemento cunha oferta de calidade sen afrontar desprazamentos é unha das máximas do goberno de Ponteareas que vén de presentar un Festival de Jazz renovado con novidosas propostas e convidando a toda a cidadanía a participar vestido ao estilo dos anos 20.

Dentro das novidades do Festival de Jazz está a masterclass “A linguaxe do jazz” impartida por Felipe Villar, director do NigranJazz e docente no conservatorio Mayeusis. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer formación á ampla comunidade de músicos e afeccionados á música de Ponteareas e tamén dos concellos da área metropolitana, “e que atopen en Ponteareas un lugar de referencia para a aprendizaxe e tamén para o desfute da música en todos os seus estilos”, matiza o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura Juan Carlos González.

A masterclass de jazz enmárcase dentro do programa do Festival de Jazz que terá lugar o vindeiro 2 de agosto e no que ao longo de todo o día se sucederán distintas propostas. A masterclass será ás 19:15 horas no conservatorio e todas as persoas que desexen participar deberán enviar un correo electrónico a conservatorio@ponteareas.gal indicando o nome, apelidos e a súa intención de reservar praza para o obradoiro de jazz.

O festival ofrecerá unha programación variada que combina formación, divulgación, música en directo e animación nas rúas. Entre as actividades previstas está a charla-presentación “O jazz en Galicia”, a cargo do profesor e investigador Adrián Besada, quen achegará ao público a historia deste xénero na nosa terra a través do seu novo libro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS