martes, julio 15, 2025
InicioConcellos +As NevesJorge Cremades encabeza o cartel do Requesound 2025, o festival gratuito...

Jorge Cremades encabeza o cartel do Requesound 2025, o festival gratuito que se celebra nas Neves

As Neves xa ten todo preparado para celebrar unha nova edición do Requesound. O festival, que terá lugar no aparcadoiro do colexio do municipio, é gratuito e xa desvelou o seu cartel completo co «showman» nacional Jorge Cremades á cabeza.

A cita coa música Dj no municipio das Neves terá lugar o próximo 25 de xullo, Día de Galicia, e será no aparcadoiro do colexio das Neves. Alí actuarán, ademais de Jorge Cremades, Dumore, Groove Amigos, Muíños, Manú Pérez, DJ Crazu e o speaker Pau D´Aflonso.

Cartel completo Requesound 2025

Deste xeito, os veciños e as veciñas das Neves así como as persoas que se acheguen ata este municipio da comarca do Condado poderán desfrutar do venres festivo do Día de Galicia a través da música DJ coa actuación do «showman» Jorge Cremades e de artistas como o cañicense Dumore ou o porriñés Groove Amigos así como Muíños, Manu Pérez e o DJ Crazy. Pau D´Afonso será o encargado de poñerlle voz e narrativa a este evento gratuito.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS