martes, julio 1, 2025
InicioNewsActualidadeLiña directa á praia: Unha nova ruta conectará O Porriño con Praia...

Liña directa á praia: Unha nova ruta conectará O Porriño con Praia América en bus este verán

O Concello do Porriño informa de que dende este martes 1 de xullo activarase o novo servizo de autobús que conectará diariamente O Porriño con Praia América durante toda a tempada estival.

O servizo realizarase todos os días da semana, incluíndo domingos e festivos, ofrecendo á veciñanza unha alternativa cómoda e sostible para desprazarse ao litoral.

As saídas desde O Porriño serán ás 15:00 horas desde a parada situada na Avenida de Galicia, con chegada prevista a Praia América á altura da Rúa Cans, ás 15:30 horas. O regreso farase ás 20:30 horas desde o areal, chegando ao Porriño ás 21:00 horas. A concesionaria responsable deste servizo será a empresa Lugove, dentro da súa operativa habitual.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS