martes, junio 24, 2025
InicioNewsActualidadeLume, música e sardiñas: Así vivirán as comarcas a noite de San...

Lume, música e sardiñas: Así vivirán as comarcas a noite de San Xoán 2025

Apróximase a noite máis máxica e curta do ano, a noite de San Xoán. Moitos concellos e asociacións comezan a preparar todo o preciso para esta noite meiga. Sardiñas, música, auga do mar… cada zona víveo á súa maneira.

Estas son algunhas das propostas:

Redondela vivirá o San Xoán en Cesantes. A festa dará comezo ás 20:30h no ‘Murallón’ e haberá comida e bebida a prezos populares.

Tamñen haberá música e animación.

Na parroquia de Bembrive, en Vigo, haberá sardiñada e foliada a partir das 20:00h.

Ademais, invitan a que cada asistente leve o seu instrumento.

Ponteareas acollerá a XX Fogueira de San Xoán organizada pola Asociación Toma Castaña.

A fogueira dará comezo ás 21:00h con actuación musical.

A parroquia de Taboexa, no Concello de As Neves, ofrece unha xornada con sardiñas e churrasco. Ademais, o viño será gratis.

A festa dará comezo ás 22:00h.

Salvaterra de Miño acollerá a súa tradicional fogueira de San Xoán. Pan, viño e sardiñas por tres euros.

A gran fogueira será prendida ás 00:00h.

O Concello do Porriño acollerá oito fogueiras realizadas por diferentes asociacións da vila, espalladas por todo o municipio. Ubicación no seguinte mapa:

A Asociación de Veciños Caselas, en Salceda de Caselas, organiza unha festa de San Xoán que dará comezo ás 17:00h.

Tamén haberá DJ amenizando a xornada.

Ao longo do Concello de Mos, son varias as asociacións que esta noite prenderán o lume nas súas fogueiras, acompañadas de música, sardiñas e viño. Información completa nos seguintes carteis:

En Tui, tamén se poden atopar diversas fogueiras ao longo do seu territorio:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS