Actividadades variadas e para todos os públicos as que se ofertan esta fin de semana nas comarcas do Condado, Paradanta, Louriña e Baixo Miño.
Programación completa aquí:
Venres 6 de xuño
Este venres comezan as XXV Xornadas de Teatro de Alxén, en Salvaterra de Miño, que se extenderán durante toda a fin de semana.

asdasd
Sábado 7 de xuño
As Festas do Cristo darán comezo en Salveterra de Miño coa actuación da Orquesta Ritmo Joven e Grupo Takikardia.
A programación continuará durante toda a vin de semana.

Tamén en Salvaterra, terá lugar o Festival de Verán do Club de Patinaxe Artístico Salvaterra.
O evento dará comezo ás 19:00h.

A Praza do Cristo de Salceda de Caselas acollera o I Mercado Solidario ‘Patas Arriba’, que ten como fin de axudar económicamente ás protectoras de animais.
O evento contará con diversas actividades para toda a familia.

Ás 22:00h, tamén en Salceda de Caselas terá lugar o Festival de Playbacks da Agrupación Cultural Xunco.
O evento terá lugar no Centro Cultural de Parderrubias.

O Porriño celebra a primeira edición do Fli-Po Market, un mercadillo sostible con obradoiros, concertos, foodtrucks e moito máis.

Volvén os ‘sábados con sabor‘ ao Mercado de Tomiño.
Música en directo e tapas para compartir a partir das 13:00h.

En Ponteareas terá lugar unha conferencia sobre o pasado ancestral das alfombras florais.
Ás 10:30h na Residencia Artistea.

Domingo 8 de xuño
O serradoiro de Carranos e a súa aula de interpretación, en Covelo, abrirán as portas o domingo para aquelas persoas interesadas en visitalo.
É preciso inscrición previa.

En Mos, terá lugar o VII Festival Abrente Folk en homenaxe ás primeiras Gaiteiras de Mos.
Ás 18:30h no Auditorio do Torroso.

No Concello de Mondariz organizan diferentes plans e actividades ao longo da xornada. Información completa aquí:
